Té con Kant en Santiago de Compostela
INVERSA TEATRO PRESENTA O ESPECTÁCULO TÉ CON KANT EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
As presentacións da peza serán este xoves 6, venres 7, sábado 8 e domingo 9 na Zona C de Santiago de Compostela.
A compañía Inversa Teatro presenta a peza de teatro íntimo Té con Kant. A obra está escrita e dirixida por María Caparrini e Marta Pérez e interpretada por María Roja e Marta Pérez. A peza poderá verse na Zona C de Santiago de Compostela os días, 6, 7, 8 e 9 de Marzo ás 20:30 (domingo 9 ás 19 horas).
Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.
Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente a partires do Imperativo Categórico Kantiano.
Un espectáculo para espazos non convencionais que rememora ós Salóns clandestinos do S. XVIII. Por elo, para poder acceder é preciso dunha contrasinal e onde, a partires de fotomontaxes, video-proxeccións e xogos de sombras, estas mulleres prusianas tentarán persuadir ó público asistente: deben voltar ou deben quedar?
Proxección latino-americana
Inversa vén avalada pola boa acollida de crítica e público nas diferentes xiras que a Compañía ten realizado en diferentes países latinoamericanos , tanto no 2012 coma no ano 2013: Brasil, Colombia, México e Venezuela.
Té con Kant estivo xa presente este ano no Festival Internacional Cómico de Maia en Portugal, noutros espazos galegos e acaba de chegar do Encontro de Mulleres do FIT de Cádiz e en Abril, xa ten confirmada a súa presenza no Festival Internacional ENITBAR en Barranquilla- Colombia. En Galicia, a seguinte data para ver este espectáculo será en Lugo, na Casa do Saber o día 27 de marzo. Ademais diso, tamén posúe convites para Ecuador e Costa Rica.
Inversa Teatro
Inversa Teatro é unha compañía de teatro profesional fundada en 2009 por Marta Pérez e que xa conta con cinco producións nun exemplo de incesante actividade. A aposta polos novos creadores e creadoras, a posta en valor do sentido femininista e a convivencia de diferentes linguaxes nos seus proxectos son algunhas das claves de Inversa que, despois de Expostas, A illa das mulleres loucas, Kamouraska e Paper Dolls presenta Té con Kant.
PRÓXIMA MONTAXE E DATAS: FÉMINA SAPIENS.
Ademais da citada peza, a compañía prepara a súa próxima montaxe: Fémina Sapiens, un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio.
Unha peza onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens -ou se, pola contra somos máis proclives á involución-
Fémina Sapiens é un proxecto onde o cómico e o tráxico se entrelazan para analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.
A través dun espazo-laboratorio asistimos ó proceso de modificación de conducta da personaxe Fémina; dialogando permanentemente coas atmósferas do visual e do sonoro para achegarnos ó seu íntimo lugar de reflexión sobre o intelecto humano.
DATAS FÉMINA SAPIENS:
Semana da Muller:
12 de Marzo- Ourense- Teatro Principal ás 20 horas.
13 de Marzo- Cuntis- Centro Patelas ás 20 horas.
14 de Marzo- Ames- Casa da Cultura do Milladoiro ás 20:30 horas.
15 de Marzo- Santiago de Compostela- Sala Agustín Magán- Centro Sociocultural Santa Marta ás 20 horas.
Estrea:
19 e 20 de marzo- Vigo- Auditorio Municipal ás 21 horas.
22 de marzo- Santiago de Compostela- Sala Agustín Magán- Centro Sociocultural Santa Marta ás 20 horas.
26 de marzo- Lugo- Sala de Exposicións Deputación de Lugo ás 20:30 horas
23 de maio- Casa Tomada- A coruña.
COLOMBIA:
Do 20 de Abril ó 2 de Maio. Festival Internacional ENITBAR- Barranquilla.