Novas

Inversa volve a Colombia

INVERSA TEATRO CHEGA DE NOVO A COLOMBIA CON FÉMINA SAPIENS E TÉ CON KANT

As presentacións das pezas serán  no marco do VIII Encuentro Internacional de Teatro de Barranquilla (ENITBAR) que se desenvolve desde o 21 de Abril ata o 2 de Maio.

Inversa Teatro presenta a súas novas montaxes no Festival ENITBAR en Colombia: Fémina Sapiens e Té con Kant. A compañía realiza así a súa cuarta xira a Latinoamérica e visita por terceiro ano consecutivo este país, onde xa estivo presente tanto no 2012 coma no 2013, en diferentes festivais e teatros do país. O VIII Encontro conta con 23 pezas de grupos extranxeiros, nacionais e locais, entre os que se atopan compañías de México, Venezuela, Chile e Francia. Inversa viaxa como representante de España.

Fémina Sapiens poderá verse o día 25 de abril no Teatro José Consuegra Higgins de Barranquilla ás 19:30 horas mentres que Té con Kant  estará presente o día 24 de abril ás 19:30 e o 25 de abril nunha función matutina para centros educativos de secundaria no mesmo teatro.

O día 26, Marta Pérez, a directora da Compañía, impartirá un taller sobre Artes Escénicas desde unha Perspectiva de Xénero. O día 27 Inversa partirá cara Cartagena de Indias onde, realizará dúas actividades incluidas na programación do Centro de Formación de la Cooperación Española, no marco da celebración dos 25 anos da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo AECID, en colaboración con Cofradía Teatral. O día 28, Marta Pérez impartirá o seu taller de creación. Ao día seguinte, María Roja, actriz da compañía, porá en escena a performance da súa autoría “Cóctel de parqueadero”, centrada na problemática da emigración entendida dende o corpo, ligada aos conceptos de memoria e temporalidade.

Nesta ocasión a Compañía regresa a Galicia o 2 de maio por próximos compromisos laborais pero Inversa Teatro xa posúe diferentes convites de outros festivais latinoamericanos e está preparando unha xira para finais de agosto por México coa súa última montaxe: Fémina Sapiens.