Novas

Fémina Sapiens e Té con Kant na Coruña

Esta fin de semana INVERSA TEATRO viaxa á Casa Tomada na Coruña.

INVERSA TEATRO foi a compañía que inaugurou as residencias artísticas na Casa Tomada o pasado mes de febreiro. Aquí comenzaron a traballar o que é a súa última producción: FÉMINA SAPIENS que acaban de presentar en Colombia e que nos presentarán o próximo Venres día 23 de maio ás 20’30h.

Fémina Sapiens é un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens- ou se, pola contra somos máis proclives á involución-
Fémina Sapiens é un personaxe que tenta buscar e analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios íntimos de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.

E para aproveitar a viaxe, porqué non ver outra das súas montaxes, moi diferente da anterior e na que ademais de Marta Pérez actúa a actriz e performer María Roja.

TÉ CON KANT, escrito e dirixido por Marta Pérez e María Caparrini, é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.
Neste caso será o domingo día 25 de maio tamén as 20’30h.

En Té con Kant, Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente. Atréveste a pensar con nós?

O dito, pasas un fin de semana á INVERSA con nós?