Novas

Xornadas sobre Dramaturxia Galega

A directora de Inversa Teatro, Marta Pérez, estará participando nestas Xornadas na mesa Mulleres na Dramaturxia.

Velaquí toda a información extraída da web de DRAMATURGA. Asociación Galega de Dramaturxia:

Froito da colaboración entre o Centro Dramático Galego e a Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, é un pracer presentarvos a primeira iniciativa pública fraguada nos estaleiros da nosa incipiente asociación. Na procura de novos discursos e novos horizontes, empeñámonos na realización das primeiras Xornadas sobre Dramaturxia Galega, de espírito aberto e cooperativo, baixo o rótulo de Dramaturxente. É chegado o momento de mapear o territorio da creación dramática no noso país, de tentar diagnósticos xenuínos e partillar rotas, trilladas ou por trillar, e de asumir, en fin, unha tarefa colectiva. A de botar ao mar a nave común das autoras e autores dramáticos da Galiza. E para iso, queremos apelar á vosa viva curiosidade e convidarvos para nos acompañar nesta primeira singradura do noso navío.

As xornadas decorrerán os dias 8, 9 e 10 de Decembro no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, contando coa intervención inaugural de Manuel Lourenzo, quen realizará un relatorio histórico da dramaturxia galega, o que xa de por si constitúe unha honra e un privilexio para a nosa asociación, e a mellor das maneiras de enfiar a quilla no océano.

Xa a seguir, un ronsel de creadoras e creadores dramáticos e outros profesionais ligados á escena, desentrañarán os misterios, as eivas e os desafíos que a nave dramática debe enfrontar na súa sempre difícil travesía. Deixámosvos a continuación o programa das xornadas para mellor vos persuadir. E unha vez persuadidas e persuadidos, non dubidedes en vos enrolar nas xornadas, ben acudindo no dia a calquera das mesas, ou inscrivíndoos a través do formulario disposto para tal cometido na web do CDG. A entrada é de balde, a inscrición é só precisa a efeitos de acreditación oficial.

PROGRAMA:

XOVES 8

18:00 – 18:30 h
Presentación: Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego (CDG); e Zé Paredes, dramaturgo e director de escena, Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA

18:30 – 20:00 h
Relatorio inaugural: Exposición histórica da dramaturxia galega, eivas e conquistas. Manuel Lourenzo, dramaturgo e director de escena

A partir das 20:00 h
Encontro inaugural dos asistentes

VENRES 9

10:00 – 12:00 h
Mesa 1: EDITAR TEATRO, POR QUE E PARA QUE
Modera: Afonso Becerra de Bercerreá, dramaturgo, director de escena e profesor da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia
Relatores: Juan Luis Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións da Univesidade de Santiago de Compostela; Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia; Paco Macías, director de Edicións Positivas; Afonso Ribas, coordinador de Edicións Laiovento; e Manuel Vieites, coordinador da Biblioteca de Teatro da Editorial Galaxia

O argumento de que “o teatro non se edita porque non se le” xa non pode servir de excusa para eludir o compromiso das editoriais co teatro galego. Sabidas e coñecidas as dificultades para a venda e distribución das pezas teatrais editadas, cómpre facer unha reflexión co fin de atopar solucións e alternativas para a difusión da obra xa editada e por editar. Por outra banda, cómpre unha valoración das posibilidades que a aparición da Internet abriu ante nós, así como unha revisión dos modelos que rexeron a xestión das obras ata o de agora.

12:30 – 14:30 h
Mesa 2 – DRAMATURXIA E CRÍTICA LITERARIA
Modera: Zé Paredes, dramaturgo e director de escena
Relatores: Camilo Franco, crítico teatral; Inma López Silva, escritora, crítica teatral e profesora da ESAD; Roi Vidal, dramaturgo, director de escena, crítico e pedagogo teatral; e Manuel Xestoso, crítico teatral

Nos últimos anos vimos como a crítica de espectáculos recibiu un impulso renovador polo aparecimento (ou reaparecimento) de novas críticas e críticos, a través de blogs e algunha que outra publicación impresa, contribuíndo así a unha maior promoción dos espectáculos e tamén á formación de espectadores. No entanto, a escasa edición teatral provoca a ausencia de crítica literaria no ámbito da escrita dramática. Nesta mesa queremos indagar sobre os reflexos dunha crítica viva e variada no desenvolvemento da dramaturxia, da formación dos seus públicos e da visibilización da autoría teatral.

16:30 – 18:30 h
Mesa 3: TEXTO / PERFORMANCE: DRAMATURXIAS ESCRITAS / NON ESCRITAS
Modera: Julio Fernández, dramaturgo e director de escena
Relatores: Afonso Becerra de Becerreá, dramaturgo e director de escena estudoso do teatro; Cristina Domínguez, directora de escena e profesora da ESAD; Cándido Pazó, dramaturgo, director de escena e actor (Contraproducións); Marta Pazos, directora de escena e actriz (Voadora); e Ana Vallés, dramaturga, directora de escena e actriz (Matarile)

Trátase aquí de facer unha análise aberta da actualidade da escrita postdramática galega, os procesos creativos nalgunhas dramaturxias escénicas e as estruturas dramatúrxicas na danza e nas propostas performativas, así como a “contaminación” de novos (e vellos) soportes plásticos na dramaturxia: imaxe, artes plásticas, audiovisual… Existe a performance escénica? En que se converte a performance cando ten lugar nun escenario? Está rifada a plasticidade da performance co desenvolvemento dunha dramaturxia propia?

SÁBADO 10

10:00 – 12:00 h
Mesa 4: TEATRO PARA NENAS E NENOS
Modera: Fran Godón, dramaturgo, director de escena e actor
Relatores: Paula Carballeira, dramaturga, directora de escena e actriz (Berrobambán); Rosalía Fernández Rial, escritora e doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática; Carlos Labraña, dramaturgo; e Inacio Vilariño, dramaturgo, director de escena e titiriteiro (Fantoches Baj)

Na actualidade, o teatro para público familiar está sendo un dos máis proxectado dentro das categorías teatrais. No sentido estritamente dramatúrxico, as características propias deste teatro favorecen espazos de experimentación que fan del unha opción escénica a valorar como merece. Na outra cara da moeda atopamos o escaso teatro para adolescentes, un público aínda por conquistar. Nesta mesa trataremos de achegar claves para a promoción e creación de teatro infantil e xuvenil, así como a utilización do teatro como ferramenta pedagóxica. A inclusión do teatro de monicreques, categoría que non se circunscribe exclusivamente ao teatro infantil e xuvenil, pode ser un bo punto de partida para reflexionar sobre este xénero no panorama teatral galego.

12:30 – 14:30 h
Mesa 5 – MULLERES NA DRAMATURXIA
Modera: Clara Gayo, dramaturga e actriz
Relatores: María Armesto, dramaturga e directora de escena; Marta Pérez, creadora, directora de escena e actriz (Inversa Teatro); Mª Xosé Queizán, escritora; e Vanesa Sotelo, dramaturga, directora de escena e actriz

Consideramos unha materia pendente escoitar ás dramaturgas nos seus procesos creativos, e analizar a influencia do sistema patriarcal na súa obra, pescudando en que maneira se reflicte na súa vivencia persoal e artística. Existe nestes momentos unha dramaturxia cunha perspectiva real de xénero? Ten xénero a dramaturxia?

16:30 – 18:30 h
Mesa 6 – URDIMES MÁIS ALÁ DO DRAMA
Modera: Antón Lopo, escritor e editor
Relatores: Antón Coucheiro, actor, director de escena e paiaso; Javier Martín, investigador das artes do movemento; AveLINA Pérez, dramaturga, directora de escena e actriz; Xesús Ron, director de escena e actor (Chévere); e Carlos Santiago, dramaturgo e director de escena

Observar o feito teatral desde perspectivas múltiples, coas lentes individuais dos profesionais que traballan máis alá incluso dos lindeiros dramáticos. Propostas que detectan as polarizacións e interveñen no escenario como auténticos movementos sociais. Propostas que hibridan para render maiores cotas de liberdade. Propostas que conteñen a respiración e logran observarse en posición póstuma. Tal vez sexa aí, nesas veladuras, onde poderemos albiscar as paisaxes que mañá transitaremos…

18:30 – 20:00 h
Relatorio derradeiro – Conclusións das xornadas

A partir das 20:00 h
Encontro final dos asistentesA directora de Inversa Teatro, Marta Pérez, estará participando nestas Xornadas na mesa Mulleres na Dramaturxia.

Encontro final dos asistentes

150 Comentarios

Deixe unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *