Novas

III Encontro Mulleres Creando no FITO de Ourense

O III Encontro Mulleres Creando de Ourense quere continúar a súa andaina fundamentalmente por tres motivos: O primeiro, a conciencia – e consciencia- e vontade que todo o equipo do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) posúe sobre a análise e reflexión en torno á visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. O segundo, a necesidade de (inter)conectar ás, cada vez máis, diferentes creadoras dun novo panorama escénico xurdido en Galicia. O terceiro é conclusión e suma dos dous puntos anteriores: A sororidade para acadar resultados concretos e efectivos de vez; afianzar e empreder procesos progresivos para alcanzar a igualdade entre homes e mulleres no ámbito cultural.

Cremos que é indispensable actuar, dirixirnos á opinión pública, promover estudos e foros de reflexión e interpelar á Administración, empresas e institucións culturais para que apoien este tipo de proxectos, xa que somos conscientes da marxinalidade e invisibilidade das mulleres na cultura, sobre todo nos ámbitos de maior poder e prestixio.

Existe unha diferenza abrumadora entre a igualdade teórica e a igualdade práctica. Non queda clara esa incuestionable igualdade porque os datos obxectivos resultan discrepantes e diverxentes da exposición meramente teórica. Non queda clara porque fronte a lei orgánica para a Igualdade Efectiva Mulleres Homes 3.2007. observamos que no ámbito da cultura reina unha profunda desigualdade entre homes e mulleres e non existe unha desexable paridade de xénero: A análise das cifras de participación das mulleres respecto aos homes no teatro a nivel estatal indican que só 1 de cada 4 papeis son para unha actriz, no cine e series de televisión só un 20% das personaxes son para mulleres, fronte un 80% para os homes. Na dirección artística e dramaturxia o 79% son homes fronte ao 21% de mulleres. En música e espazo sonoro tamén é importante a desproporción: un 87,5% os homes e un 12,5% as mulleres. Podemos dicir que existe pois, unha clara división do traballo en función de xénero, aparecendo oficios e profesións feminizadas e outras masculinizadas.

Queremos que este III Encontro poida de novo reunir a diferentes creadoras para contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica das mulleres nas súas múltiples facetas. Durante tres días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas e de investigación nas mulleres. Desta forma, pretendemos aproximarnos á filosofía de outros Encontros realizados a nivel mundial, como a corrente Magdalena Project que desde a súa creación no 1986 en Gales traballa en rede en diferentes continentes como Europa, Latinoamérica e Australia. De igual modo, sérvenos de exemplo o Encontro de Mulleres de Latinoamérica nas Artes Escénicas que se realiza dentro do marco do Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz (FIT) e que traballa desde hai dezasete anos tentando revalorizar e conectar o traballo de mulleres creadoras de diferentes países Europeos e Latinoamericanos.

Sabemos que o paradigma patriarcal ten non pouco que ver con esta asfixiante crise, pero interfiren nas súas dinámicas procesos de emancipación, entre eles o que nos alude e concerne como mulleres “escénicas”. Se é certo que moitas autoras ven hoxe os seus textos en escena, tamén o é que a súa reposición, o recoñecemento da crítica ou a investigación académica e o canon seguen negándolles méritos por sospeitosas razóns. Causar impacto no público, constatamos, non necesariamente implica recoñecemento. Por isto, o Encontro tamén é un punto no mapa desde o que seguir reclamándoo.

A Cultura é esa institución como un conxunto de prácticas, crenzas, mitos, relacións, organizacións e estruturas establecidas nunha sociedade cuxa existencia é constante e que, xunto con outras institucións estreitamente ligadas entre si, crean e transmiten de xeración en xeración a desigualdade. Unha desas institucións é a Arte e dentro desta, as Artes Escénicas, un lugar onde desde os textos ata os procesos de creación e todo un conxunto de elementos están baseados na construción de identidades sobre as que se sustenta o patriarcado, e que a sociedade articula, naturaliza e reproduce.

Neste III Encontro, no que este ano queremos facer un guiño á literatura e á investigación literaria e ensaística –precisamente, por ser ese lugar fundamental no que xorde o discurso ou logos falocéntrico- directoras, dramaturgas, xestoras, produtoras, escritoras e investigadoras, xuntaránse con outras creadoras, produtoras e directoras de Festivais do Estado; así como xestoras de outros países como Francia ou Arxentina para compartir linguaxes artísticas, discusión, crítica, apoio, esperanza e miradas sobre a vida, a través de mesas de conversacións, relatorios e procesos de traballo.

ESTRUTURA E CONVIDADAS AO ENCONTRO

O Encontro terá una duración de tres días no mes de outubro coa seguinte estrutura:

DIA 1- VENRES 13

12 horas- Mesa e Reflexión:

A CULTURA E O XÉNERO. POLÍTICAS DE INTERVENCIÓN.

Interveñen:

Alexandra Fernández (En Marea), Noa Presas (BNG), Carmela Silva (Psoe), Belén Iglesias (P.P. Ourense) , Ánxeles Cuña Bóveda (En Marea- Galicia), Laura Seara (Psoe) e a Plataforma Feminista Galega (PFG – María del Pilar Estévez Rodríguez e Sabela Pérez Marín)

Nesta mesa trataremos de obter una perspectiva de cales son as propostas ou medidas políticas que desde diferentes partidos políticos galegos se están dando ou se deron no tocante á Cultura, e se estas iniciativas están atravesadas por una perspectiva de xénero.

17 horas- Mesa:

O XÉNERO EN ESCENA.

Interveñen:

Iria Sobrado (Galicia). Berta Ojea (Galicia-Madrid). Observatorio da Mariña pola Igualdade (Galicia). Arantxa Iurre (País Vasco).

Nesta mesa falaremos da situación do xénero nas Artes Escénicas e da loita polas reivindicacións de creación feministas que se fan desdes diversos colectivos. Da man de Iria Sobrado, secretaria da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, coñeceremos cales son as medidas que se están tomando neste aspecto. Con Berta Ojea, saberemos das actividades da sección de igualdade da Unión de Actores e Actrices de España; de igual xeito, exploraremos que sucede neste aspecto no País Vasco da man de Arantxa Iurre, centrada na visibilidade da muller nas Artes Escénicas e directora dos Encuentros de Visibilidad de las Mujeres en las Artes Escénicas en el País Vasco, análogos a estes Encontros. Por último o Observatorio da Mariña dará conta dos datos recollidos en Galicia en canto á participación da muller nos sectores culturais.

19:15 horas- Demo

Graciela Baquero (Madrid-Galicia) // PoesíaVisual

SOBRE EL AMOR Y OTROS ANIMALES

É unha acción poética de Graciela Baquero Ruibal construída con poemas dos seus libros: Contactos, Crónicas de Olvido, Oficio de Frontera, Historias de la fragilidad, Extravío e Bailando con todas mis Cojeras (inédito).

Un encontro entre a palabra e a imaxe. Un ensaio de alquimias. A urdime dun desexo que resiste. A precipitación dun silencio preñado. Voces para a construción de pontes. A chama viva dunha fogueira onde reconfortarnos.

Día 2- Sábado 14

12 horas- Mesa e Reflexión.

ANTIFEMINISMO E CREACIÓN

Interveñen:

Ania González, Rebeca Baceiredo, Oriana Méndez e Mar Cendón.

Nesta mesa contamos con diferentes voces como a da avogada e crítica cultural Ania González, a ensaísta e filósofa Rebeca Baceiredo, a poeta e ensaísta Oriana Méndez e a investigadora Mar Cendón, que nos falarán da reprodución de discursos antifeministas no eido do campo cultural e social galego e cales serían as posibles canles para atallar estes discursos.

17 horas- Mesa e Reflexión.

A CREACIÓN FEMENINA EN GALICIA

Interveñen:

Carolina Fernández. Cristina Domínguez. Mónica Sueiro. Irene Moreira

Nesta mesa diferentes creadoras e directoras galegas darán conta dos seus traballos e analizarán cales son as claves dos seus procesos, abrindo o debate sobre se a perspectiva de xénero debe ser plasmada nas creacións escénicas.

19:15 horas- Demos.

Espectáculo Tal e como viñemos

Cía. Agulla de Marear (Lucía Hernández & María Llanderas)

Tal e como viñemos é o primeiro espectáculo creado e producido por Agulla de Marear. Nel empregamos diferentes estilos e recursos como a comedia absurda ou grotesca, a danza,  poesía visual ou a música ao vivo para crear un espectáculo que ofrece múltiples puntos de vista a un tema tan complexo como a morte.

 DIA 3

12 horas- Mesa e Reflexión.

CREACIÓNS DESDE A LITERATURA

Interveñen:

Rosa Enríquez, Teresa Moure, Chus Lama (Cataluña- Galicia) e Amelia Gamoneda (Salamanca)

Da man destas escritoras e investigadoras, poderemos indagar no papel que xoga a imaxe da muller na literatura galega e internacional e coñecer de primeira man cales son os procesos de escrita, e se estes van acompañados desde unha perspectiva feminista.

17 horas- Mesa e Reflexión.

A escena: un lugar para as mulleres?

Interveñen:

Flor Maceiras, Josi Lage, Pomba Luxilde, María Salgueiro, Noelia Toledano e Yelena Molina.

Unha mesa de análise sobre que sucede no mundo da escena no tocante ao papel  das muller ,e se aínda temos que facernos a pregunta sobre se a “escena” é realmente un lugar para as mulleres ou inda temos que superar moitos prexuízos establecidos socialmente?

19:00 horas- Presentación da Revista REVIRADA FEMINISTA (Giada María Barcellona, Mariola Mourelo, Pablo Andrade)

REVIRADA é a nova magazine feminista galega. Lanzan baixo o título de “FARTAS” o número 2 en papel. REVIRADA quere dar espazo e voz ao pensamento, á análise e accións feministas, máis tamén ás dúbidas, os desexos e proxectos nun ámbito de seguridade onde visibilizar e construír comunidade feminista.

MULLERES CREANDO

II Encontro de Mulleres Creadoras no Fito de Ourense

por Marta Pérez

4.076 Comentarios

Deixe unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *