Novas

Reportaxe sobre Marta Pérez

En Inversa temos unha nova reportaxe sobre Marta Pérez, a fundadora e directora da Compañía, que queremos compartir con tod@s vós.

Nesta ocasión foi para o xornal La Región e está firmado por Chito Rivas.

Esperamos que vos interese.

http://www.laregion.es/articulo/ourense/taboa-na-representan-sonos/20160116165236593497.html

A táboa na que se representan os soños

Agora sígolle tendo medo… a non esquecer nunca máis a actuación de Marta Pérez na Casa da Cultura de Barbadás

Cando nas vilas pequenas vemos algún cartel anunciando obras de teatro ou simplemente teatro, pensamos que serán representacións de compañías que, practicamente, empezan, ou desas que lles custa tanto saír adiante que actúan simplemente por onde as contratan. A mediados de novembro, pola Valenzá anunciaron a obra “Fémina Sapiens”, a nova montaxe de Inversa Teatro. Pois moi ben. E quen serán estes? E que representarán? Recordo que lle comentei á miña dona que non sei qué dunha muller tan só actuando. “Ui, aínda ha ser unha monologuista desas e a min, a verdade, os monólogos non me gustan moito”, comentou.

A min dábame igual, porque se as cousas están ben feitas, non me importa o que sexa. Lembro o monólogo de “Cinco horas con Mario” e case ou sen case quedo en éxtase. Tíñalle máis medo ó completo descoñecemento da existencia de Inversa Teatro e da súa actriz Marta Pérez.

Ben usado o tempo do verbo ter. Tíñalle. Agora sígolle tendo medo… a non esquecer nunca máis a actuación de Marta Pérez. Algúns pensarán que a esaxeración é grande. Podo prometer e prometo que aínda hoxe, logo de case dous meses da súa actuación, sigo impresionado pola transformación de Marta Pérez nas táboas da Casa da Cultura de Barbadás. Deus bendito, que forma de actuar!
Saín tan abraiado da actuación que polo camiño xa lle dixen á miña muller que a actriz merecía unha reportaxe, pois non todos os días se atopa un cun personaxe tan rico e con tanta experiencia en tan só seis anos, os que van desde a fundación de Inversa Teatro ata a actualidade.  Digo o de experiencia porque desde o 2009, Marta Pérez xa conta con cinco producións, o que demostra unha incesante actividade. É máis, xa antes dese período fundara a compañía de Teatro Arela das Artes, coa que realizou sete producións profesionais desde o ano 2002 ata 0 2007.

Como é lóxico, para a reportaxe tiven que facer de detective privado sen licenza para saber algo máis, e non me quedou outra que chamarme ignorante á forza. Porque a un que presume un chisco de saber algo deste mundiño cultural, non se lle pode perdoar que non saiba nada de nada de Marta Pérez e a súa compañía, cando xa ten realizado xiras por medio América Latina, por Portugal e chegando incluso ata Nova York. Así mesmo, colabora con embaixadas e con varias revistas teatrais. Non é unha principiante, como temía ó principio.

Marta Pérez naceu na Cañiza e licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago. Axiña soubo que o teatro é a táboa na que se representan os actos dos soños e na que incluso se pode facer política porque “as miñas obras teñen un claro compoñente político e de compromiso coa sociedade e co feminismo”. Ponse a estudar interpretación ó mesmo tempo que traballa para outras compañías, como Cámara Negra Teatro, Fura dels Baus (que non é moco de pavo) e Lingoretas, entre outras. Aquí, na nosa cidade, acaba de coordinar o I Encontro de Mulleres Creadoras de Galicia: Mulleres Creando, dentro do Festival Internacional de Teatro de Ourense (o Fito)

Paul Newman deixou unha frase para a eternidade: “Actuar é como baixar os pantalóns; expós a túa intimidade”. Marta Pérez expón en “Fémina Sapiens”, durante un longo cacho, toda a súa intimidade (física e moral) e representa aí, reflicte aí un carácter de actriz inmensa e de muller que che abre os ollos de admiración polo seu compromiso social. Espero con ansia unha nova produción súa.
chitomolgas59@gmail.com

En Inversa tenemos un nuevo reportaje sobre Marta Pérez, fundadora y directora de la Compañía, que queremos compartir con tod@s vosotros.

En esta ocasión ha sido para el periódico La Región y está firmado por Chito Rivas.

Esperamos que os interese.

Deixe unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *