Novas

Fémina Sapiens, a nova montaxe de Inversa Teatro.

INVERSA TEATRO PRESENTA O SEU NOVO ESPECTÁCULO FÉMINA SAPIENS.

As presentacións da peza arrancan este mércores 12 no Teatro Principal de Ourense, para seguir por Cuntis, Ames, Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, A Coruña e Colombia.

Inversa Teatro presenta a súa nova montaxe: Fémina Sapiens, un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, e que xa conta con varias datas para verse en diferentes espazos de Galicia e Colombia.

A primeira data na que poderemos ver a montaxe será no Teatro Principal de Ourense este mércores 12 de marzo ás 20 horas, continuando o xoves 13 de marzo no Centro Patelas de Cuntis, o venres 14 na Casa da Cultura do Milladoiro e o sábado 15 no Centro Socio-Cultural Santa Marta de Santiago de Compostela. Estas montaxes forman parte das actividades dos diferentes Concellos pola Semana da Muller. A Estrea oficial será no Auditorio Municipal de Vigo os días 19 e 20 de Marzo ás 21 horas, para continúar o 26 de Marzo na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo e o 23 de Maio na Casa Tomada da Coruña. Entre tanto, a Compañía viaxará de novo a Colombia en Abril para presentar a peza no Festival Intenacional ENITBAR de Barranquilla.

FÉMINA SAPIENS

O proxecto volveu contar cunha axuda por parte de Agadic e desenvólvese como a primeira peza en residencia coa Casa Tomada na Coruña.

Fémina Sapiens é unha peza  onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens -ou se, pola contra somos máis proclives á involución- e onde se cuestiona se os humanos temos unha especie de selección natural que nos faga proclives para decantarnos por unha temática e non por outra. Por que nos enfurecemos cando vemos inxustizas feministas e non racistas, por exemplo? Por que grandes intelectuais que escriben sobre a xustiza social, despois comenten sen embargo actos inmorais con persoas que teñen ó seu lado? Por que somos conscientes da moralidade nun ámbito e non noutro?

Fémina Sapiens é un proxecto experimental onde o cómico e o tráxico se entrelazan para analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.

A través dun espazo-laboratorio asistimos ó proceso de modificación de conducta da personaxe Fémina;  dialogando permanentemente coas atmósferas do visual e do sonoro para achegarnos ó seu íntimo lugar de reflexión sobre o intelecto humano. Un lugar onde tamén xurden os conceptos filósoficos en torno ó feminismo e as preguntas de porqué os humanos aceptamos que a nosa descendencia chega do Homo Sapiens, cando na realidade somos descendentes da Fémina Sapiens. Que sucedería se todas as Féminas Sapiens do planeta decidísemos non ter nunca máis descendencia? Remataríamos coa especie humana.

DATAS FÉMINA SAPIENS:

Semana da Muller:
12 de Marzo- Ourense- Teatro Principal ás 20 horas.
13 de Marzo- Cuntis- Centro Patelas ás 20 horas.
14 de Marzo- Ames- Casa da Cultura do Milladoiro ás 20:30 horas.
15 de Marzo- Santiago de Compostela- Sala Agustín Magán- Centro Sociocultural Santa Marta ás 20 horas.

Estrea:
19 e 20 de marzo- Vigo- Auditorio Municipal ás 21 horas.

22 de marzo- Santiago de Compostela- Sala Agustín Magán- Centro Sociocultural Santa Marta ás 20 horas.
26 de marzo- Lugo- Sala de Exposicións Deputación de Lugo ás 20:30 horas
23 de maio- Casa Tomada ás 21 horas- A coruña.

COLOMBIA:
Do 20 de Abril ó 2 de Maio. Festival Internacional ENITBAR- Barranquilla.