Novas
-
O Péndulo. Nova montaxe de Inversa Teatro
Nace O Péndulo, a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colabora o Concello da Cañiza, o Concello de Negreira e o Concello de Vigo. Será precisamente en Vigo onde se realizará a estrea o venres 4 de marzo no Auditorio Municipal ás 20 horas e ao día seguinte, sábado 5, estará na Casa de Cultura da Cañiza ás 21 horas. No mes de marzo repetiremos no Auditorio Manuel Dopazo de Silleda o día 11 e no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar o día 26. O Péndulo…
-
Novembro en xira
Chega Novembro e con el a nova xira de Inversa Teatro onde poderemos volver desfrutar de Sofía e as Postsocráticas e de Sofía (unipersoal) en diferentes puntos de Galicia. Para aquelas que queiran achegarse a ver a peza de Sofía e as Postsocráticas poderan facelo en: 20 de novembro- Auditorio Municipal de Bertamiráns- 21 horas 26 de novembro- Gustavo Freire de Lugo – 20:30 horas 29 de novembro- Teatro Jofre de Ferrol – 19 horas E se queredes ver a pequena acción escénica Sofía (unipersoal) realizada ad hoc a partires da peza maior antes mencionada, as datas son: 11 de novembro- Sala Multiusos Reveriano Soutullo de Ponteareas 17 de novembro-…
-
Estrea Sofía e as Postsocráticas
A nova montaxe de Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas chega este novembro aos teatros. O venres 30 ás 21:30 horas faremos unha pre-estrea no Pazo de Cultura de Pontevedra, dentro do Culturgal para facer a estrea oficial 0 día 5 de Decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vigo. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o…
-
Comezan as Fábulas Postsocráticas
En Inversa Teatro comezamos coa nosa campaña de comunicación das Fábulas Postsocráticas, escritas por Marta Pérez e Silvia Penas. Trátase de pequenas pezas literarias que versan sobre a violencia machista, inspiradas nas fábulas de Esopo. Estas acompañarán á nosa nova produción Sofía e as Postsocráticas. Hoxe temos a primeira historia das moitas que poderedes ver ao longo dos seguintes días. Da man do grandísimo Morris comezamos. Podedes seguir as nosas fábulas no noso facebook: https://www.facebook.com/inversateatro/ Cada día ata principios de novembro poderemos ler unha fábula diferente protagonizada por un/unha dos/das nosos/as actrices/actores do noso panorama escénico e audivisual. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista,…
-
IV Encontro Mulleres Creando no FITO de Ourense
Chega o IV Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense os días 12, 13 e 14 de outubro; unhas xornadas que pretenden aunar a diferentes creadoras que este ano chegan desde diferentes partes do estado como Barcelona, o País Vasco ou Madrid. Trátase de contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación das mulleres nas súas múltiples facetas. Durante tres días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas e de investigación nas mulleres. Neste IV Encontro, queremos este ano aproximarnos ao movemento da Caixa…
-
Nova produción de Inversa Teatro: Sofía e as Postsocráticas
Inversa Teatro ven de recibir unha nova subvención de Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para a súa próxima montaxe: Sofía e as Postsocráticas. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista desde unha perspectiva filosófica, empregando máis concretamente ideas da filosofía grega con tres personaxes en escena: Sócrates, Aristóteles e Platón (interpretados por Silvia Penas, María Roja e Marta Pérez) que empregarán recursos de marionetas a escala real ademáis dunha técnica visual sobre o escenario que consegue a duplicación das personaxes e marionetas. Nesta peza, a escenografía, xunto coa poesía e a música xoga un papel sumamente importante e o eixo fundamental teórico é establecer un…
-
Té con Kant no Carballiño e Tomiño
Té con Kant chega de novo a Galicia e nesta ocasión e faino este venres 9 de marzo no Auditorio Municipal do Carballiño nunha función matinal ás 11:30 horas e o día 10 de marzo na Casa de Cultura de Tomiño para público xeral ás 20:30 horas. Os actos realízanse con motivo do día intercional da muller. As seguintes datas para ver de novo este espectáculo serán o 12 de abril no IES Politécnico de Vigo e o 15 de xuño no IES Sanxillao de Lugo. Té con Kant llega de nuevo a Galicia y en esta ocasión lo hace este viernes 9 de marzo en el Auditorio Municipal de O…
-
Té con Kant e Fémina Sapiens en Ribeira, Asturias e Santiago de Compostela
Inversa Teatro volve coas obras que ten cartel: Fémina Sapiens e Té con Kant. Nesta ocasión recalamos no Auditorio Municipal de Ribeira o día 23 de novembro, para acto seguido, actúar en Tapia de Casariego (Asturias) o día 4 de decembro e rematamos en Santiago de Compostela onde presentamos seis funcións en total das dúas montaxes os días 14, 15, 16 e 17 de decembro no Salón Teatro. Tes máis información e horarios no link do calendario desta páxina. Inversa Teatro vuelve con las obras que tiene cartel: Fémina Sapiens y Té con Kant. En esta ocasión recalamos en el Auditorio Municipal de Ribeira el día 23 de noviembre, para…
-
III Encontro Mulleres Creando no FITO de Ourense
O III Encontro Mulleres Creando de Ourense quere continúar a súa andaina fundamentalmente por tres motivos: O primeiro, a conciencia – e consciencia- e vontade que todo o equipo do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) posúe sobre a análise e reflexión en torno á visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. O segundo, a necesidade de (inter)conectar ás, cada vez máis, diferentes creadoras dun novo panorama escénico xurdido en Galicia. O terceiro é conclusión e suma dos dous puntos anteriores: A sororidade para acadar resultados concretos e efectivos de vez; afianzar e empreder procesos progresivos para alcanzar a igualdade entre homes e mulleres no ámbito cultural. Cremos que é…
-
Té con Kant en Mondariz
Té con Kant chega de novo a Galicia e nesta ocasión e faino este venres 11 de agosto ás 22:00 horas nun lugar moi especial: na Praza de Abastos do Concello de Mondariz. Estas dúas prusianas agárdanvos neste lugar tan curioso preparado especialmente polo Concello para a ocasión. A representación faise a través da Concellería de Igualdade e Servizos Sociais do Concello de Mondariz. Tras unha parada da Cía. por traballos artísticos alleos por parte da directora, a peza poderá volver a verse nos escenarios en decembro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Esperamos darvos unha moi boa nova chegado o outono! Té con Kant llega de nuevo a Galicia y…