Novas
-
Fémina Sapiens no Festival Internacional Fazer a Festa- Portugal
Fémina Sapiens estará presente no 34º Festival Internacional Fazer a Festa que se desenvolve nas cidades de Porto, Matosinhos e Maia en Portugal entre o 23 de abril e 5 de maio. “34ª Fazer a Festa – Festival Internacional de Teatro 24 Abril a 3 Maio 2015 Porto – Matosinhos – Maia Uma iniciativa do Teatro Art´Imagem, com a participação de 18 companhias, 7 nacionais e 11 provenientes de vários países da Europa, África e América do Sul, que apresentarão 23 espectáculos. A edição deste ano integra uma MOSTRA DE TEATRO GALEGO com a participação de seis companhias da Galiza e um Colóquio denominado “QUE TEATRO SE FAZ HOJE NA…
-
Función solidaria Té con Kant para a Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres
A Cía. Inversa Teatro pon en escena o próximo día 17 de abril ás 20:30 horas no Salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria (si, moi pretiño dese barquiño de Coia) a peza Té con Kant coa finalidade de recadar fondos para a Caravana Feminista que organiza a Marcha Mundial das Mulleres. A recadación íntegra irá destinada á coordenadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres para esta caravana, que fará a súa chegada a Galiza alá pola primeira semana de outubro. Esperamos que poidades asistir e difundir!! É por unha boa causa!! Porque estas prusianas burguesas son conscientes de que miles de mulleres precisan de apoio e…
-
Fémina Sapiens e Té con Kant en Coruña e Lugo
INVERSA TEATRO PRESENTA FÉMINA SAPIENS E TÉ CON KANT EN CORUÑA E LUGO As pezas poden verse respectivamente o venres 27 na Sala Gurugú de A Coruña e o sábado 28 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Inversa Teatro presenta as súas pezas Fémina Sapiens e Té con Kant en días consecutivos nas ciudades de A Coruña e Lugo. Poderemos ver a peza de Fémina Sapiens o venres 27 ás 20:30 horas na Sala Gurugú da Coruña, dentro do Ciclo “Olladas Teatrais” Teatro en feminino, que se desenvolve na cidade en diferentes datas e con diferentes convidadas durante os meses de marzo, abril e maio. Unha mostra que reflicte a…
-
Té con Kant en Barcelona
INVERSA TEATRO VIAXA A BARCELONA CON TÉ CON KANT A presentación da peza será os días 3 e 4 de marzo na Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora. Inversa Teatro presenta a súa peza Té con Kant este martes 3 e mércores 4 de marzo en distintas facultades da Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora. En concreto, o día 3 a obra será representada na Aula Magna da Facultade de Filosofía, Xeografía e Historia e o día 4 poderase ver na Aula Capella, no edificio histórico da Facultade de Filología e Matemáticas. Ambas obras serán ás 12:00 horas da mañá.…
-
Comeza a xira de Inversa Teatro
Inversa Teatro comeza a súa xira por diferentes teatros e espazos de Galicia, España, Portugal e Colombia. Faino coas dúas pezas que agora mesmo tén en cartel: Fémina Sapiens e Té con Kant. Aquí podedes ver cales son os espazos que percorreremos desde febreiro ata maio. Esperamos poder ofrecervos máis datas en breve. 02/05 :: FÉMINA SAPIENS :: 34º FAZER A FESTA. Festival Internacional de Teatro. Porto. Portugal. 20-30/04 :: TÉ CON KANT :: IX Festival Internacional ENITBAR. Barranquilla. Colombia. 16/04 :: TÉ CON KANT :: IES Politécnico. Vigo 15/04 :: TÉ CON KANT :: IES Antón Fraguas. Santiago de Compostela. 09/04 :: TÉ CON KANT :: Casa da Cultura.…
-
Marta Pérez gaña o Premio Maruxa Villanueva
Fonte, a Voz de Galicia: “O Concello de Padrón fallou onte o XIV Premio Teatral Maruxa Villanueva a favor de Marta Pérez pola súa interpretación en Té con Kant, da compañía Inversa Teatro, converténdoa así en gañadora da edición 2014.O xurado do certame valorou a «conxugación do didactismo co carácter lúdico», así como a igualdade como dereito e aspiración», que quedan plasmados na mencionada obra. Tamén destacou tamén o traballo de Marta Pérez á fronte de Inversa Teatro, indicando que «amosa unha capacidade de innovación na produción, con crecente proxección dentro e fóra de Galicia, que se transmite á orixinalidade e ó risco en todos os seus espectáculos».O premio está…
-
Novas datas Inversa Teatro
En Inversa comezamos o 2015 con diferentes representacións en teatros e Festivais da xeografía galega, estatal e internacional. Aquí podedes botarlle un ollo. En Inversa comezamos el 2015 con diferentes representaciones en teatros y Festivales de la geografía gallega, estatal e internacional. Aquí podéis echarle un ojo.
-
Fémina Sapiens en New York
A montaxe Fémina Sapiens ven de ser selecionada para participar no II Festival Internacional Mujeres en Escena que se celebra en New York durante as fins de semana do mes de Novembro, con motivo da reinvidicación deste mes contra a violencia de xénero. A peza poderá verse os días 14 e 15 de novembro na Sala Francisco Requena dentro da sede do Comisionado Dominicano de Cultura en Los Estados Unidos, entidade do Ministerio de Cultura da República Dominicana que organiza o evento, situada no 541 West, 145 Street de Mahattan. Esq. Broadway Neste Festival latino participan compañías e mulleres creadoras de diferentes lugares como México, Puerto Rico, Colombia, Miami ou…
-
Fémina Sapiens en Madrid
Inversa Teatro viaxa a Madrid os días venres 26 e sábado 27 de setembro para representar Fémina Sapiens na Nave Indeleble e La Selecta respectivamente. Copiamos e pegamos abaixo o que din de nós na Sala La Selecta, sobre todo, porque nos encanta. LA SELECTA profundiza sus vínculos con el teatro gallego porque nos encanta. En el último sábado de septiembre, tenemos el placer de recibir la visita de la teatrera gallega Marta Pérez, que llega para estrenar en la Comunidad de Madrid su última creación, Fémina Sapiens, una obra escrita e interpretada por ella misma que juega con la forma de una investigación científica a través del diálogo con…
-
Té con Kant en Lugo e Cangas do Morrazo
Volve o espectáculo de Té con Kant a escenario galegos. Nesta ocasión a peza estará o 12 de Setembro ás 21:30 horas no Espazo Multidisplinar Iskoö en Lugo e o 19 de Setembro ás 22 horas en La Buena Vida de Cangas do Morrazo. Té con Kant é un é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia. Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas…