-
Paper Dolls no Salón Teatro de Santiago de Compostela
Lola Correa dirixe a cuarta produción da compañía pontevedresa INVERSA TEATRO REPRESENTA PAPER DOLLS Un orixinal proxecto que aúna Teatro + Documental As funcións terán lugar o venres 17 e o sábado 18 de Febreiro ás 20:30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela A compañía pontevedresa Inversa Teatro, dirixida e xestionada por Marta Pérez, estrea a peza Paper Dolls de Lola Correa, coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. O proxecto vai acompañado do documental Paper Dolls.doc, dirixido polo realizador Manu Paz, e no que atopamos tamén a Adrián Figueroa como director de fotografía, Carla Piñeiro en producción e Sara Iglesias en son. Neste 2011, Inversa volve…
-
Últimas novas: Paper Dolls seleccionada na Mostra das Artes Escénicas de Galicia
Inversa Teatro foi seleccionada para amosar un showcase na Mostra das Artes Escénicas de Galicia. O acto terá lugar o día 17 de Outubro ás 22h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela Paper Dolls é un proxecto peculiar e experimental que consta de unha obra de teatro + un documental sobre o propio proceso de creación da peza teatral que sempre acompaña ás representacións. A obra está dirixida por Lola Correa e conta coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. O documental tén como director a Manu Paz e nel ponse de manifesto como é un proceso de creación dunha obra de teatro; desde os aspectos máis artísticos para…