-
Té con Kant chega ao XV Festival Manicómicos da Coruña
A peza teatral Té con Kant chega ao XV Festival Manicómicos da Coruña, e faino despois de ter celebrado a súa función número 50 na pasada 31ª Edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e de ter pasado tamén por diferentes teatros e festivais en Galicia, Portugal, Colombia e no resto do estado. A función será o día 14 de agosto ás 22 horas no Castelo de San Antón. Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor…