-
Inversa Teatro no Culturgal
Inversa Teatro estará presente na Feira Galega das Industrias Culturais 2012- Culturgal- este venres 30 de Novembro ás 20:00 horas no espacio do “Patio” do Pazo de Cultura de Pontevedra presentando o seu taller Kamouraska: Un lugar para crear. Este taller é parte dos realizados pola compañía na xira que este ano fixo por Colombia e Brasil. O sábado día 1 de Decembro ás 18 horas Inversa tamén foi convidada por Escena Galega para estar presente na mesa redonda A nova escena en Galicia, xunto con membros das Compañías galegas Voadora e Elefante Elegante. Aproveitamos para informarvos que Inversa Teatro está preparando para o 2013 a xira polos diferentes Festivais…
-
Horarios do curso Arte, Natureza e Teatro con Inversa Teatro
Horarios, inscripcións e honorarios do curso Arte, Natureza e Teatro con Inversa Teatro os días 24 e 25 de Novembro do 2012 no Castelo de Soutomaior Imparte o Curso: Marta Pérez & María Caparrini. Honorarios: 20 € por persoa. Estes honorarios non inclúen as comidas nin as durmidas. A organización pode propor un lugar barato para comer e para durmir. Inscripcións: 690 084 625 // 686 909 591 // 629 818 199 Horarios: Sábado 24 de Novembro: 10-11,30h: presentación. 12-14h: entrenamento cos viewpoints. 14:30-16:30h. -Comida do grupo nun lugar próximo. Cada participante pagará a súa comida 16:30-20h: traballo creativo en base ao entrenamento. Domingo 25 de Novembro: 10-12h: Repaso do…
-
Inversa realiza o curso Arte, Natureza e Teatro
Inversa Teatro impartirá o curso Arte, natureza e teatro que se realizará os días 24 e 25 de Novembro no Castelo de Soutomaior, encadrado dentro dos cursos de Arte e Natureza que o Grupo Arou ven organizando desde hai dez anos por toda Galicia. Os cursos están orientados en xeral a creadoras e creadores e nel traballaremos os puntos de vista escénicos ou viewpoints -teorizados por Anne Bogart- a partires de composicións espaciais que nos ofreza a propia relación coa natureza. Este evento de Arte, natureza e teatro conta co apoio da Deputación de Pontevedra. DESCRIPCIÓN DO CURSO: O curso de Arte, Natureza e Teatro quere achegar a diferentes creadores que…
-
Inversa no XVI encontro de Mulleres de Iberoamérica nas Artes Escénicas no FIT de Cádiz
Marta Pérez e Vanesa Sotelo foron convidadas a participar neste encontro de mulleres dentro do Festival Iberoaméricano de Teatro de Cádiz, onde puideron presentar un pequeno fragmento interpretativo da peza Expostas, ademáis da ponencia que leva por título “Tomar las riendas y crear a la Inversa. Una perspectiva feminista de la creación teatral en Galicia” No encontro, este ano titulado “Después de la Pepa. Intervenciones Teatrales” en homenaxe á celebración do bicentenario da promulgación da Constitución de 1812, Inversa puido atoparse con participantes chegados de 14 países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Costa Rica, Colombia, Cuba, Ecuador, México, Nicaragua, Portugal, Uruguay, Venezuela e España. A ponencia que puidemos ofrecer, onde se…
-
Xira do 22 de Xullo ó 17 de Agosto en Colombia
A xira de Kamouraska que Inversa Teatro fará por Colombia xa está pechada. Marcharemos o 22 de Xullo e voltamos o 17 de Agosto; así que estaremos preto dun mes no país Colombiano e as datas e lugares onde actuaremos van a continuación: 24 de Xullo- Taller do Proceso de Creación de Kamouraska no Teatro Cádiz de Bogotá. 25 de Xullo- Representación de Kamouraska no Teatro Cádiz de Bogotá. Do 27 ao 6 de Agosto- Festival Santander en Escena de Bucaramanga: 31 de Xullo- Auditorio Luis A.Calvo de la Universidad Industrial de Santander. 3 de Agosto- Teatro de Florida Blanca. 7, 8 e 9 de Agosto- Talleres de Biodrama coa…
-
Un mes de xira de Kamouraska por Colombia
A xira de Kamouraska que Inversa Teatro fará por Colombia xa está pechada. Marcharemos o 22 de Xullo e voltamos o 17 de Agosto; así que estaremos preto dun mes no país Colombiano e as datas e lugares onde actuaremos van a continuación: 24 de Xullo- Taller do Proceso de Creación de Kamouraska no Teatro Cádiz de Bogotá. 25 de Xullo- Representación de Kamouraska no Teatro Cádiz de Bogotá. Do 27 ao 6 de Agosto- Festival Santander en Escena de Bucaramanga: 31 de Julio- Auditorio Luis A.Calvo de la Universidad Industrial de Santander. 3 de Agosto- Teatro de Florida Blanca. 7, 8 e 9 de Agosto- Talleres de Biodrama coa…
-
Inversa prepara a xira por Colombia
Inversa Teatro está preparando a xira por Colombia que acontecerá finalmente entre o 20 de Xuño e o 14 de Agosto. En breve teremos as datas e teatros definitivos, entre tanto, moitas grazas a tódalas persoas que nos apoiaron para que isto fose posible. Inversa Teatro está preparando la gira por Colombia que será finalmente entre el 20 de Junio y el 14 de Agosto. En breve tendremos las fechas y teatros definitivos, entre tanto, muchas gracias a todas las personas que nos apoyaron para que esto fuera posible.
-
Rolda de prensa antes de viaxar a Colombia
INVERSA TEATRO PRESENTA NO SALASON DE CANGAS A PEZA KAMOURASKA, ANTES DE VIAXAR A COLOMBIA As representacións serán os días 31 de Maio e 3 de Xuño ás 20:30 horas A compañía Inversa Teatro presenta no SalaSon de Cangas a súa campaña para atopar apoios que lle permitan asistir ao Festival Santander a Escena (Colombia) coa peza Kamouraska. Dentro da iniciativa, atópanse as dúas funcións que a compañía ofrecerá na sala canguesa o xoves 31 de maio e o domingo 3 de xuño co fin de recadar cartos para cubrir a metade dos gastos da viaxe. A entrada ten un prezo de cinco euros e a duración do espectáculo é…
-
Nova crítica de Paper Dolls da nosa actuación en Zaragoza
Inversa Teatro recibe unha nova crítica para Paper Dolls. Nesta ocasión a crítica está publicada no Diario Heraldo de Aragón e correspóndese coas actuacións que Inversa realizou os días 5 e 6 de Maio no Teatro de la Estación de Zaragoza. A Crítica tamén está dispoñible en ArtezBlai: http://www.artezblai.com/artezblai/paper-dolls-el-silencio-de-las-damasinversa-teatro-teatro-en-femenino.html Inversa Teatro recibe una nueva crítica para Paper Dolls. En esta ocasión la crítica está publicada en el Diario Heraldo de Aragón y se corresponde con las actuaciones que Inversa realizó los días 5 y 6 de Mayo en el Teatro de la Estación de Zaragoza. La Crítica también está dispoñible en ArtezBlai: http://www.artezblai.com/artezblai/paper-dolls-el-silencio-de-las-damasinversa-teatro-teatro-en-femenino.html
-
Kamouraska en São Paulo- Brasil
Kamouraska chega a Brasil para participar na VII Mostra de Teatro de Grupo de Latino América. A VII Mostra Latino Americana de Teatro de Grupo de São Paulo- Brasil conta con cerca de 100 artistas e dez grupos de diferentes países e cidades: México, Cuba, Uruguai, Florianápolis, Pernambuco, Rondónia, Arxentina, Valencia, Galicia e São Paulo. A mostra consite nunha representación de Kamouraska e unha presentación activa sobre o proceso de traballo. Ademáis conta coa presencia de obradoiros por parte do dramaturgo Guillermo Heras. Nesta ocasión a Mostra terá como eixo “A muller na producción teatral de América Latina”. Á súa volta, Inversa viaxa ao Festival Zaragoza-Co para participar con…