INVERSA TEATRO

Compañía de teatro profesional galega

  • Marta Pérez
  • Noticias
  • Compañía
  • Espectáculos
    • FÉMINA SAPIENS
    • Té con Kant
    • Paper Dolls
    • Kamouraska
    • Expostas
  • Críticas
  • Prensa
  • Calendario
  • Contacto
  • Marta Pérez
  • Noticias
  • Compañía
  • Espectáculos
    • FÉMINA SAPIENS
    • Té con Kant
    • Paper Dolls
    • Kamouraska
    • Expostas
  • Críticas
  • Prensa
  • Calendario
  • Contacto
  • Novas

    Ciclo Mesas Redondas da Asociación de Escritores en Lingua Galega

    15/10/2015 /

    E despois do noso Encontro Mulleres Creando, Marta Pérez participa xunto con Clara Gayo, o día 16 de Outubro ás 19:30 horas no Charentón no X Ciclo de mesas redondas “Escritoræs na Universidade”, que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo co patrocinio da Secretaria xeral de Política Lingüística. Un pracer, grazas ao compromiso literario e cultural de Rexina Vega. E antes ca nós Rosa Enríquez e Teresa Moure en poesía e Juan Tallón e Manuel Darriba en Narrativa. E inda máis!!! Disque despois da nosa intervención chega o gran David Perdomo! Non podía ir mellor…

    ler máis
    admin 16 Comentarios

    Tamén che pode gustar

    Té con Kant e Fémina Sapiens en Ribeira, Asturias e Santiago de Compostela

    18/11/2017

    Inversa presenta a Gala de Clausura do Festival Primavera do Cine de Vigo

    02/06/2015

    Inversa nas Xornadas Escénicas Mabel Rivera

    23/10/2013
  • Novas

    Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

    29/09/2015 /

    Marta Pérez coordina o Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense). Este encontro, que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de outubro na cidade de Ourense ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en profundidade a situación das mulleres no ámbito dar artes escénicas, promover a…

    ler máis
    admin 3 Comentarios

    Tamén che pode gustar

    Marta Pérez gaña o Premio Maruxa Villanueva

    12/02/2015

    Xornadas sobre Dramaturxia Galega

    05/12/2016

    Estrea Oficial de Fémina Sapiens en Vigo

    17/03/2014
  • Novas

    Té con Kant chega ao XV Festival Manicómicos da Coruña

    07/08/2015 /

    A peza teatral Té con Kant chega ao XV Festival Manicómicos da Coruña, e faino despois de ter celebrado a súa función número 50 na pasada 31ª Edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e de ter pasado tamén por diferentes teatros e festivais en Galicia, Portugal, Colombia e no resto do estado. A función será o día 14 de agosto ás 22 horas no Castelo de San Antón. Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor…

    ler máis
    admin 7 Comentarios

    Tamén che pode gustar

    Inversa volta ó Encontro de Mulleres do FIT de Cádiz.

    13/10/2013

    Volve Kamouraska a Santiago de Compostela

    29/02/2012

    Xornadas sobre Dramaturxia Galega

    05/12/2016
  • Novas

    Té con Kant gana o Premio do público Coiro de Pita

    28/07/2015 /

    A peza Té con Kant foi merecedora do premio do público Coiro de Pita, que celebra a Sala Ingrávida do Porriño. O acto tivo no lugar na propia Sala Ingrávida o domingo 26 de xullo, no que estaban os representantes dos outros espectáculos nomeados: Hámster de Triatreros, 30 e tantos ósos de Aporía Escénica e Avestruz en Terra Allea de Berrobambám. Tamén se puido ver antes da entrega do premio, o espectáculo O Asombro de Fantoches Baj. Os encargados de entregar o premio foron os seus “madriños” Tatán e Mariana Carballal. O premio consistiu nunha estatuíña dunha “garra” de pita da xoieira Arela de Fe, de Oia. Inmensamente agradecidas!! Grazas…

    ler máis
    admin Comentarios desactivados en Té con Kant gana o Premio do público Coiro de Pita

    Tamén che pode gustar

    Estrea Sofía e as Postsocráticas

    01/11/2018

    Té con Kant chega á súa función número 50 na MIT de Ribadavia

    29/06/2015

    Té con Kant en Gondomar e Vigo

    02/06/2014
  • Novas

    Té con Kant chega á súa función número 50 na MIT de Ribadavia

    29/06/2015 /

    A peza teatral Té con Kant chega á súa función número 50 na 31ª Edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e faino despois de ter pasado por diferentes teatros e festivais en Galicia, Portugal, Colombia e no resto do estado. Celebraremos esta función o día 24 de xullo ás 20:00 horas no Rectoral de Santo André, dentro do SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías) Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un  proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a…

    ler máis
    admin Comentarios desactivados en Té con Kant chega á súa función número 50 na MIT de Ribadavia

    Tamén che pode gustar

    Fémina Sapiens en Madrid

    21/09/2014

    Té con Kant e Fémina Sapiens en Ribeira, Asturias e Santiago de Compostela

    18/11/2017

    Té con Kant en Barcelona

    01/03/2015
  • Novas

    Inversa presenta a Gala de Clausura do Festival Primavera do Cine de Vigo

    02/06/2015 /

    As nosas prusianas Johanna Gottfried e Theodora Krauss, as personaxes da peza Té con Kant, estarán presentando o próximo 7 de xuño a Gala de Clausura do IV Festival Primavera do Cine de Vigo, que este ano quere rendir homenaxe á profesión teatral ademáis de realizar unha apertura ao audivisual lusófono. A cita será ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Aquí poderás atopar toda a información sobre este Festival: http://www.primaveradocine.com/ Nuestras prusianas Johanna Gottfried y Theodora Krauss, los personajes de la pieza Té con Kant, estarán presentando el próximo 7 de junio a Gala de Clausura del IV Festival Primavera de Cine de Vigo, que este…

    ler máis
    admin Comentarios desactivados en Inversa presenta a Gala de Clausura do Festival Primavera do Cine de Vigo

    Tamén che pode gustar

    Nova produción de Inversa Teatro: Sofía e as Postsocráticas

    14/06/2018

    Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

    29/09/2015

    Té con Kant no Liceo Mutante de Pontevedra

    17/07/2014
  • Novas

    Nova crítica para Fémina Sapiens

    14/05/2015 /

    Estamos encantadas con esta nova crítica do espectáculo Fémina Sapiens no Blog do Teatro Crítico Universal da RGT. Nesta ocasión firma a crítica Manuel Xestoso. Velaí vai: “Fémina Sapiens Un horizonte moral de doce mil euros Manuel Xestoso Femina Sapiens comeza interrogándose sobre o aparente paradoxo de que persoas cunha excelente formación cultural actúen cunha execrable baixeza moral e remata demandando doce mil euros para a conta corrente da personaxe protagonista, que non dá acabado a súa tese de doutoramento por falta de efectivo. Noutras palabras, pártese da cuestión sobre os vínculos entre razón e ética –e as alusións a Heidegger son o suficientemente ilustrativas– para acabar nun terreo moi…

    ler máis
    admin Comentarios desactivados en Nova crítica para Fémina Sapiens

    Tamén che pode gustar

    Inversa nas Xornadas Escénicas Mabel Rivera

    23/10/2013

    Novas datas Inversa Teatro

    29/01/2015

    Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

    29/09/2015
  • Novas

    Fémina Sapiens no Festival Internacional Fazer a Festa- Portugal

    20/04/2015 /

    Fémina Sapiens estará presente no 34º Festival Internacional Fazer a Festa que se desenvolve nas cidades de Porto, Matosinhos e Maia en Portugal entre o 23 de abril e 5 de maio. “34ª Fazer a Festa – Festival Internacional de Teatro 24 Abril a 3 Maio 2015 Porto – Matosinhos – Maia Uma iniciativa do Teatro Art´Imagem, com a participação de 18 companhias, 7 nacionais e 11 provenientes de vários países da Europa, África e América do Sul, que apresentarão 23 espectáculos. A edição deste ano integra uma MOSTRA DE TEATRO GALEGO com a participação de seis companhias da Galiza e um Colóquio denominado “QUE TEATRO SE FAZ HOJE NA…

    ler máis
    admin Comentarios desactivados en Fémina Sapiens no Festival Internacional Fazer a Festa- Portugal

    Tamén che pode gustar

    Inversa presenta a Gala de Clausura do Festival Primavera do Cine de Vigo

    02/06/2015

    Té con Kant na Sala Ingrávida de Porriño

    19/08/2014

    Té con Kant e Fémina Sapiens en Ribeira, Asturias e Santiago de Compostela

    18/11/2017
  • Novas

    Función solidaria Té con Kant para a Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres

    07/04/2015 /

    A Cía. Inversa Teatro pon en escena o próximo día 17 de abril ás 20:30 horas no Salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria (si, moi pretiño dese barquiño de Coia) a peza Té con Kant coa finalidade de recadar fondos para a Caravana Feminista que organiza a Marcha Mundial das Mulleres. A recadación íntegra irá destinada á coordenadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres para esta caravana, que fará a súa chegada a Galiza alá pola primeira semana de outubro. Esperamos que poidades asistir e difundir!! É por unha boa causa!! Porque estas prusianas burguesas son conscientes de que miles de mulleres precisan de apoio e…

    ler máis
    admin Comentarios desactivados en Función solidaria Té con Kant para a Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres

    Tamén che pode gustar

    Reportaxe sobre Marta Pérez

    19/01/2016

    Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

    29/09/2015

    Novas datas Inversa Teatro

    29/01/2015
  • Novas

    Té con Kant en Barcelona

    01/03/2015 /

    INVERSA TEATRO VIAXA A BARCELONA CON TÉ CON KANT A presentación da peza será os días 3 e 4 de marzo na Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora. Inversa Teatro presenta a súa peza Té con Kant este martes 3 e mércores 4 de marzo en distintas facultades da Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora. En concreto, o día 3 a obra será representada na Aula Magna da Facultade de Filosofía, Xeografía e Historia e o día 4 poderase ver na Aula Capella, no edificio histórico da Facultade de Filología e Matemáticas. Ambas obras serán ás 12:00 horas da mañá.…

    ler máis
    admin 2 Comentarios

    Tamén che pode gustar

    Comeza o II Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense

    04/10/2016

    Volve Kamouraska a Santiago de Compostela

    29/02/2012

    Novembro en xira

    23/10/2020
 Publicacións máis antigas
Publicacións máis recentes 
marta@inversateatro.com
+34690084625
Book fotográfico: https://vimeo.com/197415739
Ashe Tema de WP Royal.