INVERSA TEATRO

Compañía de teatro profesional galega

  • Marta Pérez
  • Noticias
  • Compañía
  • Espectáculos
    • FÉMINA SAPIENS
    • Té con Kant
    • Paper Dolls
    • Kamouraska
    • Expostas
  • Críticas
  • Prensa
  • Calendario
  • Contacto
  • Marta Pérez
  • Noticias
  • Compañía
  • Espectáculos
    • FÉMINA SAPIENS
    • Té con Kant
    • Paper Dolls
    • Kamouraska
    • Expostas
  • Críticas
  • Prensa
  • Calendario
  • Contacto
  • Novas

    Marta Pérez gaña o II Premio de Dramaturxia Breve a Pipa de Becerreá

    29/12/2016 /

    Marta Pérez gaña o II Premio de dramaturxia breve no XXV Certame Literario da Pipa de Becerreá, coa peza titulada CATIÚSCAS. O Primeiro premio foi para Iria Acevedo, coa obra “Envasadas ao Baleiro” e o accésit recaeu en Jose F. Castillo Allen coa obra “Ara e Ira”. O Xurado para a modalidade de DRAMATURXIA BREVE estivo formado por: INMA LÓPEZ SILVA. Escritora. Crítica Teatral. Membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Teatro. Doutora en Filoloxía. Profesora da ESAD de Galicia. ROBERTO PASCUAL. Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Membro do Equipo de Dirección da Revista Galega de Teatro. Licenciado en Filoloxía Galega. Profesor da ESAD de…

    ler máis
    admin 3 Comentarios

    Tamén che pode gustar

    Marta Pérez recolle o Premio Maruxa Villanueva

    08/11/2015

    Té con Kant en Santiago de Compostela

    13/11/2015

    Té con Kant chega á súa función número 50 na MIT de Ribadavia

    29/06/2015
  • Novas

    Nova crítica para Fémina Sapiens

    14/05/2015 /

    Estamos encantadas con esta nova crítica do espectáculo Fémina Sapiens no Blog do Teatro Crítico Universal da RGT. Nesta ocasión firma a crítica Manuel Xestoso. Velaí vai: “Fémina Sapiens Un horizonte moral de doce mil euros Manuel Xestoso Femina Sapiens comeza interrogándose sobre o aparente paradoxo de que persoas cunha excelente formación cultural actúen cunha execrable baixeza moral e remata demandando doce mil euros para a conta corrente da personaxe protagonista, que non dá acabado a súa tese de doutoramento por falta de efectivo. Noutras palabras, pártese da cuestión sobre os vínculos entre razón e ética –e as alusións a Heidegger son o suficientemente ilustrativas– para acabar nun terreo moi…

    ler máis
    admin Comentarios desactivados en Nova crítica para Fémina Sapiens

    Tamén che pode gustar

    Té con Kant viaxa a Valencia

    02/09/2014

    Últimas novas: Paper Dolls seleccionada na Mostra das Artes Escénicas de Galicia

    08/10/2011

    Comezan as Fábulas Postsocráticas

    21/10/2018
  • Novas

    Inversa participa no novo número da Revista Galega de Teatro

    14/02/2013 /

    Inversa Teatro participa no número 73 da Revista Galega de Teatro que acaba de saír á rúa, co artigo “Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia” escrito por Marta Pérez e Vanesa Sotelo. Este artigo é o resultado do convite recibido para participar no XVI Encontro de mulleres de Iberoamérica nas Artes Escénicas do FIT de Cádiz e tamén quedará plasmado na futura publicación das Actas do encontro. A aparición nos últimos anos dun nutrido número de creadoras escénicas que en Galicia comezan a dirixir os seus proxectos e presentar os seus universos, serviu como excusa para realizar unha panorámica das creadoras…

    ler máis
    marta Comentarios desactivados en Inversa participa no novo número da Revista Galega de Teatro

    Tamén che pode gustar

    Comeza o II Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense

    04/10/2016

    Estrea Sofía e as Postsocráticas

    01/11/2018

    Té con Kant en Vigo, Lalín e Carballiño

    04/04/2016
  • Novas

    Inversa Teatro participa no último número da Revista Galega de Teatro.

    20/01/2012 /

    Inversa Teatro colabora nun artigo sobre a distribución das Artes Escénicas en Galicia no número 69 da Revista Galega de Teatro. A RGT saca á rúa o seu número 69, correspondente ao inverno 2011-2012 e faino mantendo as súas seccións habituais e achegándose á dramaturxia portuguesa coa edición do texto Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes (Lisboa, 1976). Deste xeito, a publicación consolida a súa aposta por tender pontes de intercambio co mundo da lusofonía despois de editar hai un ano Nunca estive en Bagdad, de Abel Neves. Dentro das diferentes seccións deste número 69 da RGT, destaca o traballo “Sexo e Teatro” asinado por Afonso Becerra de Becerreá…

    ler máis
    marta Comentarios desactivados en Inversa Teatro participa no último número da Revista Galega de Teatro.

    Tamén che pode gustar

    Xornadas sobre Dramaturxia Galega

    05/12/2016

    Marta Pérez gaña o II Premio de Dramaturxia Breve a Pipa de Becerreá

    29/12/2016

    Comezan as Fábulas Postsocráticas

    21/10/2018
marta@inversateatro.com
+34690084625
Book fotográfico: https://vimeo.com/197415739
Ashe Tema de WP Royal.