INVERSA TEATRO

Compañía de teatro profesional galega

  • Marta Pérez
  • Noticias
  • Compañía
  • Espectáculos
    • FÉMINA SAPIENS
    • Té con Kant
    • Paper Dolls
    • Kamouraska
    • Expostas
  • Críticas
  • Prensa
  • Calendario
  • Contacto
  • Marta Pérez
  • Noticias
  • Compañía
  • Espectáculos
    • FÉMINA SAPIENS
    • Té con Kant
    • Paper Dolls
    • Kamouraska
    • Expostas
  • Críticas
  • Prensa
  • Calendario
  • Contacto
  • Novas

    Estrea Sofía e as Postsocráticas

    01/11/2018 /

    A nova montaxe de Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas chega este novembro aos teatros. O venres 30 ás 21:30 horas faremos unha pre-estrea no Pazo de Cultura de Pontevedra, dentro do Culturgal para facer a estrea oficial 0 día 5 de Decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vigo. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o…

    ler máis
    admin Comentarios desactivados en Estrea Sofía e as Postsocráticas

    Tamén che pode gustar

    Fémina Sapiens e Té con Kant en Coruña e Lugo

    24/03/2015

    Té con Kant en Cambados

    17/02/2016

    Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

    29/09/2015
  • Novas

    Comezan as Fábulas Postsocráticas

    21/10/2018 /

    En Inversa Teatro comezamos coa nosa campaña de comunicación das Fábulas Postsocráticas, escritas por Marta Pérez e Silvia Penas. Trátase de pequenas pezas literarias que versan sobre a violencia machista, inspiradas nas fábulas de Esopo. Estas acompañarán á nosa nova produción Sofía e as Postsocráticas. Hoxe temos a primeira historia das moitas que poderedes ver ao longo dos seguintes días. Da man do grandísimo Morris comezamos. Podedes seguir as nosas fábulas no noso facebook: https://www.facebook.com/inversateatro/ Cada día ata principios de novembro poderemos ler unha fábula diferente protagonizada por un/unha dos/das nosos/as actrices/actores do noso panorama escénico e audivisual. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista,…

    ler máis
    admin 30 Comentarios

    Tamén che pode gustar

    Estrea Sofía e as Postsocráticas

    01/11/2018

    Té con Kant no Auditorio Municipal da Cañiza

    26/08/2014

    Inversa nos III Encontros Off do Culturgal

    04/12/2011
  • Novas

    Nova produción de Inversa Teatro: Sofía e as Postsocráticas

    14/06/2018 /

    Inversa Teatro ven de recibir unha nova subvención de Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para a súa próxima montaxe: Sofía e as Postsocráticas. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista desde unha perspectiva filosófica, empregando máis concretamente ideas da filosofía grega con tres personaxes en escena: Sócrates, Aristóteles e Platón (interpretados por Silvia Penas, María Roja e Marta Pérez) que empregarán recursos de marionetas a escala real ademáis dunha técnica visual sobre o escenario que consegue a duplicación das personaxes e marionetas. Nesta peza, a escenografía, xunto coa poesía e a música xoga un papel sumamente importante e o eixo fundamental teórico é establecer un…

    ler máis
    admin 2 Comentarios

    Tamén che pode gustar

    Té con Kant en Cambados

    17/02/2016

    Fémina Sapiens en New York

    17/10/2014

    Comeza o II Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense

    04/10/2016
  • Novas

    Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

    29/09/2015 /

    Marta Pérez coordina o Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense). Este encontro, que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de outubro na cidade de Ourense ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en profundidade a situación das mulleres no ámbito dar artes escénicas, promover a…

    ler máis
    admin 3 Comentarios

    Tamén che pode gustar

    Estrea Oficial de Fémina Sapiens en Vigo

    17/03/2014

    Té con Kant chega ao XV Festival Manicómicos da Coruña

    07/08/2015

    Fémina Sapiens no Festival Internacional Fazer a Festa- Portugal

    20/04/2015
marta@inversateatro.com
+34690084625
Book fotográfico: https://vimeo.com/197415739
Ashe Tema de WP Royal.